Sorprender_
Coñecemento_
Data_
Non somos unha central de medios.
En On_ o exterior é o noso medio.
Cremos firmemente no medio exterior. Ben sexa en formato OOH ou DOOH.
E non, non só é cousa nosa. Diferentes fontes proban que é un dos medios máis potentes de comunicación para as marcas, polo seu alto poder de impacto e notoriedade. Amais, no caso do mix de medios Exterior + Dixital as cifras de resultados en impacto e recoñecemento de marca son aínda maiores.
En ON_ somos expertos nos circuítos de Galicia e Portugal e desenvolvemos proxectos a nivel nacional así como cos nosos partners internacionais.
Xestionamos en exclusiva medios e soportes tan únicos como os do Centro Comercial Vialia Vigo ou toda a rede dixital de Universidades de Portugal.
Daquela, se o que buscas para a túa marca é unha campaña na rúa, aquí estamos para deseñarche unha proposta ad hoc aos teus obxectivos e conseguir que todo o mundo fale de ti.


















































