Equipo
Apostamos polo talento.
Non temos un equipo.
En On_ creámolo para cada proxecto.
En On_ creámolo para cada proxecto.
Somos unha rede colaborativa de expertos profesionais cheos de talento, compartindo a mesma inquedanza social e creativa..
Deseñadores, creativos, artes, redactores, maquetadores, planners, produtores gráficos, audiovisuais, programadores, creadores de contidos, artistas emerxentes, artesáns… o equipo ON que leve adiante o teu traballo ou campaña será tan grande, pequeno, súper especializado ou híbrido como ti precises.
Un formato máis flexíbel, máis áxil e máis eficaz.
Para así respectar os tempos, cumprir cos obxectivos e superar as túas expectativas de calidade. E todo sen sobrecargar os teus proxectos con elevados custes fixos.
